formaciónTardes de Cine e Chocolate: O Apóstolo
Venres, 31 de Outubro de 2014

¿Aínda non tes plan para o Samaín? Reserva o 31 de outubro e vén a pasar connosco unha "terrorífica" velada.

Película apta para todos os públicos: "O Apóstolo", de Fernando Cortizo. 

Sinopsis: O APÓSTOLO narra unha obscura historia de misterio ambientada no Camiño de Santiago na que se mestura o suspense, o humor e a fantasía a partes iguais. O protagonista, un preso recén fugado do cárcere, verase envolto en extraños e inquetantes sucesos ao intentar recuperar un botín que fora escondido anos atrás nunha apartada aldea da montaña galega. Disfrazado de peregrino adentrarase nun lugar onde siniestros anciáns, extrañas desaparicións, un peculiar sacerdote, y ata o mismísimo arcipreste de Santiago conflúen nunha trama aderezada de misterio e intriga que levará ao protagonista a enfrentarse a unha condena maior aínda da que conseguira escapar.

Sumámoslle que haberá chocolate quente para todos e todas! 

Entrada de balde, aforo limitado. Reserva a túa butaca enchendo o formulario de máis abaixo. E avisa a todos os teus amig@s! 

Aquí te estamos esperando... 

documentosasociados
formulariopre-inscripción
*Campos obligatorios