Radio Xaruma
Sábado, 22 de Abril de 2017

En Xaruma queremos facernos ouvir. Por iso nace Radio Xaruma. Unha ferramenta de comunicación e participación para dar voz a todas as persoas que teñan vontade de expresarse.
O dereito a participar na vida pública e o dereito de liberdade de expresión están reflectidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Art. 19 DDHH"Libertad de pensamiento y de expresión"

3. Non se pode restrinxir o dereito de expresión por vías ou medios indirectos, tales como o abuso de controis oficiais ou particulares de papel para periódicos, de frecuencias radioeléctricas ou de enseres e aparatos usados na difusión de información ou por outros medios encaminados a impedir a comunicación e a circulación de ideas e opinións. 

 

Se tes gañas de facer un programa de radio para que te escoiten, non dubides en contactarnos.

Para escoitar todos os programas emitidos ata agora en Radio Xaruma , podedes facelo facendo clic neste enlace: https://www.ivoox.com/escuchar-radio-xaruma_nq_290690_1.html

Aquí vos deixamos co último programa de Radio Xaruma, "El trastero", do gran Jandro Olkoz.



♫ O Gaiteiro de Xaruma 1x02 ♫

Non vos perdades o espazo radiofónico de Leo onde nos transmite a súa paixón pola música folk e a gaita, o seu instrumento.

O cuarto monográfico dunha temporada adicada a Pink Floyd. Ao volante Luís H, o "maior fan da banda actualmente" (Luís dixit).

documentosasociados