Campamento Semana Santa
Mércores, 12 de Abril de 2017

¡¡¡Campamento de Semana Santa en Xaruma!!!

Os vindeiros días 10,11 e 12 de abril de 09:00 a 14:30, realizaremos un campamento para nenos/as de 3 a 12 anos en Xaruma.

Realizaránse manualidades, obradoiros e dinámicas variadas, contacontos e animación lectora, intelixencia emocional e... moitos xogos e diversión!!!

A aportación será de 42€ os tres días. Se se prefire vir días soltos a aportación será de 15€.

Se veñen irmáns farase un desconto do 10% no prezo final.

Tamén temos horario madruga para quen o precise de 08:00 a 09:00 da mañá. Deberáse avisar con antelación e a aportación será de 3€ máis o día.

Para apuntarse só se ten que cubrir a folla de inscrición adxuntada e traela por Xaruma. O prazo remata o xoves 6 de abril ás 14:00 horas.

¡¡¡Esperámosvos!!!

documentosasociados
2017