ocioProxecto INREDE
Martes, 29 de Decembro de 2015

Benvidos ao noso espazo reservado para a Natureza!

Gústanos ser ambiciosos, cremos que é a única forma de prosperar, e así, con todo, naceu o Proxecto INREDE, un proxecto que pretende, a través da Natureza, crear un espazo de convivencia e intercambio dende as dimensións medioambiental, educativa, social e prelaboral, contando con diferentes axentes do entorno: chicos de Xaruma, alumnado e profesorado do Colexio Santiago Apóstol, e voluntariado.

Estamos a crear unha horta ecolóxica onde imos aprender a cultivar alimentos saudables, un viveiro de plantas e unha Aula da Natureza, espazos usados pola comunidade educativa e asociativa de Xaruma.

Ademáis imos por en valor o Bosque, un espazo axardinado a conservar, con especies botánicas singulares, actualmente sen uso, coma unha nova área de aprendizaxe, experiencia e esparcemento para todos e todas.

INREDE é unha semente que está a gromar. Queremos ensinar e aprender dende Natureza, dende as súas regras e tempos. Anímaste a participar connosco?

GRAZAS AOS NOSOS COLABORADORES

 

 

 

 

 

 

 

E coa cofinanciación de:

documentosasociados
2014