Colabora con nós

Únete á Saúde! Únete a Xaruma

¿Que pasa coa atención en saúde mental na área de VIGO?

A REALIDADE: incumplimento da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde a atención primaria incluirá entre o seu catálogo de servizos as seguintes funcións e modalidades de atención sanitaria: ... A atención á saúde mental, en coordinación cos servizos de atención especializada.

  • Decreto 389/1994, do 15 de decembro, polo que se regula a saúde mental en Galicia. Artigo 2. Directrices xerais. 1.-A saúde mental e a asistencia psiquiátrica, tanto extra como intrahospitalaria, integrarase no conxunto de plans e accións de saúde xeral, evitando calquera discriminación con outras parcelas de saúde.

DÁ O PASO:

1.- Faite voluntario/a

E en Xaruma gústanos soñar!

Nós soñamos co unión, coa comunidade, con risas, coa integración, coa tranquilidade... Soñamos coa igualdade na diferenza. E coa sociedade como canle. 

E ti, atréveste a soñar?

Ofrecemos a posibilidade de actuar no noso programa de voluntariado nos proxectos NaturalMENTE y Mentalízate, e na organización ou desenvolvemento de diversas actividades de animación socio-cultural.

Levamos a cabo un programa que promove a integración socio-comunitaria de persoas con enfermidades mentais e menores en risco de exclusión social, por medio da realización de actividades de animación sociocultural, apoio escolar, promoción social, educación para a saúde e para o medioambiente.

"Dime e esquezo, ensíname e recordo, involúcrame e aprendo"

Benjamin Franklin

  • A posibilidade de participar na sociedade dende un traballo social con persoas con enfermidade mental ou menores.
  • Formación gratuíta e certificada en habilidades sociais, recursos, tempo libre... relacionada coas súa funcións.
  • O carné de persoa voluntaria.
  • Prioridade e facilidades para matricularse nos curso da Escola.
  • Servizo de orientación ao emprego e á formación.

  • Impartir clases de informática.
  • Acompañamento nas actividades a desenvolver.
  • Apoio na xestión do noso proxecto medioambiental: horta ecolóxica, viveiro e aula medioambiental. 
  • Ensinanza e práctica de deportes cos/a usuarios/as.
  • Acompañamento nos Respiros Familiares.
  • Impartición de clases de manualidades.
  • Organización de videoforums, festas....
  • Propoñer novas actividades.

Tardes dos luns a sábados, e sábados polas mañás, ademais dos Respiros Familiares e demais actividades puntuais.

As nosas actividades están SEMPRE abertas a túa participación

Contacta connosco a través do formulario de CONTACTO

Outras campañas: Amnistía Internacional 

Coa financiación da Consellería de Traballo e Benestar

2.- Únete á nosa plataforma de microdoazóns! Tan só 1€ ao mes, nin máis nin menos. 

 3.- Facendo unha doazón directa para o noso proxecto a nome de Xaruma C.C.C.:

 ES35 2100 2186 91 0200324272 La Caixa

4.- Reclamando ante o SERGAS solucións concretas. (SERGAS, edificio Administrativo San Lázaro S/N · 15703 Santiago de Compostela 

5.- Facéndote socio/a.

6.- Facendo un donativo en especias ao noso proxecto.