- ¿ Que acreditación teñen os monográfico?
Coa realización dos cursos monográficos XARUMA emite un certificado polas horas correspondentes.
- ¿Cales son os requisitos para realizar un curso de monitor/a de tempo LIbre?
Ter 18 anos cumpridos e o graduado escolar.
- ¿Que teño que facer antes de INICIAR as prácticas de monitor/a de tempo libre?
Tendes que entregar o proxecto inicial das prácticas a realizar, xunto coa fotocopia do título de monitor/a-do titor/a de prácticas que os acompañará na entidade. Debe ser entregado ao inicialas (ou 7 días antes no caso de ser un campamento). Ver modelo no temario metodoloxía.Formato dixital. (identificar o documento co nome seguido da palabra proxectoprácticas2015 EX: manolitoproxectoprácticas2015)
Para obter as tres copias do pagamento das tasas do alumnado tedes que seguir as instruccións abaixo detalladas e que nos remitiron dende a Xunta.
As indicacións para poder xerar o documento de pagamento de taxas: https://host.cixtec.es/EntradaOficinaVirtual/CIXTEC.dll/appdirect?app=Breixo-GeneraciondocumentosAI&tipo=D&op=B0005
Máis información no apartado de formación desta páxina http://xaruma.org/formarte.html